ÚLTIMAS NOVAS!!!!!!


Novo CD! Saxophone & Clarinet Jazz Solo
________________________________________


Garufa Blue Devils Big Band presenta o seu segundo disco That´s Life, 22/12/2016.
________________________________________


Freelloa Ensemble presenta o seu primeiro disco, 16/12/2016.
________________________________________


Garufa Blue Devils Big Band presenta o seu primeiro disco
________________________________________


A Orquestra de Jazz de Galicia presenta en Vigo o seu primeiro disco “Fame” (17/12/2015)
________________________________________


Comeza nova tempada de "Garufa Blue Devils Big Band" (2015).
________________________________________


Presentación da Orquestra de Jazz de Galicia no Imaxina Sons de Vigo. 04/07/2015.
A Orquestra colgou o cartel de non hai entradas nunha actuación memorable na clausura do festival de Jazz.
________________________________________


Blue Devils Big Band pecha o festival de Jazz de Betanzos, 19/07/2015.
________________________________________


Estamos rematando a mistura da gravación da ORQUESTRA DE JAZZ DE GALICIA. Axiña salirá o libro-disco e faremos a presentación nun gran festival contando con algúns dos mellores músicos do país.
________________________________________


A partir de 30/10/14, e cada 15 días, actuará na Coruña a "Garufa Blue Devils Big Band". Composta por 18 músicos no escenario, esta formación recorda a era das grandes bandas do Swing e os máis memorábeis espectáculos de Broadway. O seu repertorio baséase en arranxos orixinais específicos para esta banda e abrangue os estilos típicos que marcaron toda unha época, traéndos ó presente para presentarse neste carismático club coruñés (club Garufa).
Xunto coa orquestra, escoitaremos grandes voces invitadas e outras sorpresas.
Dirección e arranxos: Roberto Somoza.
________________________________________


Os mellores estilos do Jazz a través de 9 composicións orixinais que rinden tributo á figura do mestre Antonio Cal. Gravado o 27 de Abril no auditorio de Rianxo.

Formación:
Roberto Somoza: saxo alto
Risto Vuolanne: contrabaixo
Naíma Acuña: batería
________________________________________


Xa está aquí o novo disco de Quinito Mourelle con Roberto Somoza e Rogelio Groba. A partir do mes de xuño(2014) empezamos cos concertos de presentación.
________________________________________


Terminada a grabación do meu novo disco adicado á figura de Antonio Cal. Grazas a Risto Vuolanne e Naíma Acuña, e grazas a todos os que fixeron posible este novo traballo discográfico. A partir do 9 de xuño empezaremos a presentar este novo traballo.
________________________________________

Presentación do libro MANUAL DEL SAXOFONISTA DE JAZZ na feira do libro de Rianxo.
Data: 27/07/2013. Lugar: salón de actos do Concello. Hora: 21:00. ________________________________________

Próximas presentacións de CONTINUUM! !!


________________________________________

MANUAL DO MÚSICO DE JAZZ. Presentación o xoves 23-05-2013 no conservatorio de Lugo.


________________________________________

NOVO TRABALLO DISCOGRÁFICO!!

A partires do mes de Maio comezaremos coas presentacións deste novo disco: Continuum. Este traballo foi gravado en outubro do 2012 e contou coa colaboración do servicio de producción da Radio Galega con Pablo Barreiro. Mantenrémosvos informados das salas nas que actuaremos.
________________________________________



Este mércores vémonos no Filloa a partir das 22.00!!
________________________________________

O vindeiro SÁBADO 26 DE MAYO, no TEATRO ROSALÍA DE CASTRO de A CORUÑA, as 21 horas, preséntase o l libro+disco+dvd: "ORQUESTRA VOLAND. OITO PEZAS EUROPEAS" cun CONCERTO no que a propia ORQUESTRA VOLAND interpretará os temas compostos por ROBERTO SOMOZA que formanol repertorio do disco, un dos elementos do proxecto.

O outro é unha novela de QUINITO MOURELLE na que se narra a peripecia dunha orquestra imaxinaria durante unha xira por algúns países europeos: Bulgaria, Rumanía, Moldavia, Ucriania, Francia, Polonia, Alemania e España. A música que se escoitará sobre o escenario do Teatro Rosalía de Castro ten como punto de partida e fonte de inspiración o folclore de esos países.

A formación da orquestra é a seguinte:
Saxo tenor: Roberto Somoza
Contrabaixo: Alfonso Morán
Acordeón: Galina Botnar
Violín: Nikolay Velikov
Rubén B. Deschamps: guitarra
Rubén Montes: percusión
Xocas Meijide: clarinete
Rafael Espido: clarinete
Juan Pérez: clarinete
Jesús Sánchez Montero: clarinete

A novela, editada por Ézaro, inclúe a súa versión en galego(traducción de Dores Fernández López) e tamén un DVD con imaxes da orquesta e algunhas entrevistas sobre o proxecto no que a literatura e a música danse a man para ofrecer un retrato persoal de Europa.
________________________________________


Presentación da Orquestra Voland
21 e 23 de decembro 2011
A orquestra Voland é un proxecto que une a música e a literatura.
Relacionada coa novela de Quinito Mourelle(Orquesta Voland), a música sitúase en diversos países Europeos recolle algunhas das tradicións folklóricas máis importantes que a orquestra recolle durante unha viaxe imaxinaria que comeza en Bulgaria e remata en Madrid.
Este proxecto sairá á luz o mes de Marzo con formato de libro-disco a través da editorial Ézaro ( Santiago de Compostela ) e poderá adquirirse en librerías e centros especializados.



Música orixinal: Roberto Somoza
Novela: Quinito Mourelle
Coordinación Artística: Xocas Meijide
________________________________________

Concerto presentación do disco Standards&Ballads no Auditorio de Rianxo Sábado 8 de outubro as 20:00.
________________________________________

Novo disco de Jacobo de Miguel: "ROCKILO"

Saxo Tenor: Roberto Somoza
Piano: Jacobo de Miguel
Contrabaixo: Kin García
Batería: Carlos López
________________________________________

A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA interpretará nos seus dous próximos concertos o espectáculo "O JAZZ NA BANDA"


Concertos:

XOVES 12 DE MAIO. AUDITORIO DE GALICIA . 11 HORAS (CONCERTO DIDÁCTICO)
DOMINGO 15 DE MAIO. TEATRO PRINCIPAL. 12 HORAS

INTÉRPRETES:

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
ROBERTO SOMOZA QUINTETO
BELÉN XESTAL: NARRADORA

MÚSICA ORIXINAL: ROBERTO SOMOZA
TEXTO: QUINITO LÓPEZ MOURELLE
Estrenado en Rianxo en Agosto de 2010, "O JAZZ NA BANDA" é un espectáculo concebido para acercar ó público o jazz de forma didáctica. A música, orixinal do saxofonista e compositor Roberto Somoza, está composta para banda de música e quinteto de jazz, duas formacións moi diferentes (tanto en envergadura como en sonoridade) que interactúan e se complementan sobre o escenario. El fío conductor da composición é ol conto "A JAM DE SIMÓN" de Quinito López Mourelle. Neste conto,cóntanse as peripecias dun adolescente (Simón) na súa aventura de iniciación ó jazz. Unha narradora (Belén Xestal) descubre pouco a pouco ó público a historia do protagonista mentras a música ilustra as súas diferentes escenas.
________________________________________

Novo CD de Roberto Somoza "Standards&Ballads" Xa a venda en tendas e na web Xingra.com.
________________________________________

Presentación no Palacio da Ópera da "ORQUESTRA DE JAZZ DE GALICIA"


Onte (15/12/2010) tivo lugar a presentación da "Orquesta de Jazz de Galicia" xunto a a compañía de baile "Nova Galega de Danza". O concerto, enmarcado dentro do acto de presentación da nova marca de Turgalicia, contou coa asistencia de 1500 personas, entre as que destacaban diversas autoridades, como o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo ou o Conselleiro de Cultura Roberto Varela. A Orquestra, dirixida por Roberto Somoza e Coordinada por Pedro Lamas, obtivo un éxito unánime entre o público asistente, e pretende cubrir un espacio totalmente moderno e vanguardista dentro da música e a cultura en Galicia.
________________________________________

Sae á venda YELLOW, o novo disco de Roberto Somoza. Gravado para a discográfica XINGRA.COM e distribuído por KARONTE.
________________________________________

Premiere of the musical for band and quintet "EL JAZZ EN LA BANDA." Auditorio de Rianxo a las 21.30 ( 27/08/2010)
Composed and orchestrated by Roberto Somoza for BANDA DE MÚSICA DE RIANXO, the musical tells the story of a teenager and his encounter with the Jazz.

BANDA DE MÚSICA DE RIANXO
Musical Direction: RAFAEL COLLAZO
Soloist Saxophone: ADRIÁN PAIS
Texts: QUINITO L. MOURELLE
Narrative: BELÉN XESTAL

Jazz Musicians;

Trumpet: JAVIER PEREIRO
Tenor Sax: ROBERTO SOMOZA
Piano: ALFREDO SUSAVILA
Bass: GUSTAVO HERNÁN
Drums: BORJA GARCÍA

________________________________________

Os días 21,22,23,y 24 de Xullo (2010) estarei no I CURSO INSTRUMENTAL DE VILAGARCÍA. Para máis información: 607408910 www.vilagarcia.es
________________________________________

Concerto da Banda Municipal da Coruña con arranxos de Roberto Somoza. 27/06/2010 - A Coruña/Parque Europa - 17:00h.
________________________________________

YELLOW , o último disco de R.Somoza saldrá a venda no mes de Maio de 2010. ________________________________________

Os días 21 e 22 de Novembro (2009) gravarase o novo disco de Roberto Somoza nos estudios Bruar na Coruña. ________________________________________

O día 3 de decembro ás 20.00 horas preséntase en FNAC A Coruña o novo traballo de Clunia (5). ________________________________________

Roberto Somoza Jazz Orchestra salirá periodicamente durante a tempada 09-10 no programa "TVE es música". TVE 1 e a 2.
________________________________________

ROBERTO SOMOZA RECIBE O PREMIO Ó MELLOR SOLISTA NOS PREMIOS DA MÚSICA PRIMUS 09.
________________________________________

O grupo CLUNIA está a punto de publicar o seu novo traballo discográfico... o CD atópase xa na fase de producción.
________________________________________

O día 15 de Xaneiro Roberto Somoza estará no Forum Metropolitano de A Coruña nunha mesa redonda donde se debatirá o tema "o jazz en tempos de crise".
________________________________________

O día 21 de febreiro(2009) viaxará xunto o grupo Atlantic Bridge ata New York nunha xira que consiste na gravación dun disco na cidade de Ithaca e unha xira de concertos no Hockett Hall de Ithaca Collage e no Carriage House Café de Ithaca University, e que rematará cunha work shop na Cornell University.
________________________________________

O mércores día 15 steve brown dá unha master class no Cosmac de 10 da mañá a 14 h. ________________________________________

En OUTUBRO comenza a gravación do novo disco de Roberto Somoza.
________________________________________

O 17 de Outubro terá lugar no auditorio da SGAE en Santiago de Compostela o concerto do guitarrista norteamericano STEVE BROWN con ROBERTO SOMOZA e invitados, concerto que sera gravado para a edicion dun disco.
________________________________________

O dia 29 de setembro arranca o novo curso 08/09 da especialidade de Jazz no Conservatorio superior da Coruña
________________________________________

A finais de ano CLUNIA comenzará a gravación dun novo traballo discográfico.
Roberto Somoza -saxos
Nani García. Piano
Baldo Martínez- contrabaixo
Fernando Llorca-Bateria
________________________________________

"TRIO ELÉCTRICO" novo traballo de Roberto Somoza
________________________________________

O 26 de xullo volve Clunia no festival de jazz de Vigo, Imaxinasons Nani García, Baldo Martínez, Fernando Llorca e Roberto Somoza.
________________________________________

As probas de selección de alumnos do conservatorio superior da Coruña realizaranse na primeira semana de xuño de 2008.
________________________________________

No mes de agosto terá lugar en Monforte o seminario de jazz que será impartido na especialidade de saxofón por Roberto Somoza por terceiro ano consecutivo.
________________________________________

O 24 de setembro dará comezo o curso 08-09 no Conservatorio Superior da Coruña.